2006/04/02

Acondicionando a vella arquitectura


Exemplo de "acondicionamento" e amlpiación dun edificio histórico no centro de Ferrol. Encántame esa reinterpretación das galerías e o harmonioso engadido do último piso, ... que bo gusto!

Polo menos deixaron mostra das galerías orixinais, iso si, cun suplemento actualizado por riba... para comparar.

Trasancos

2006/03/25

Presentación

Moitos de nós estamos máis que fartos a aburridos de ver como día a día o noso país vaise convertindo nunha auténtica desfeita.

Moito se ten falado diso nos medios nos últimos tempos mais pensamos que iso só non chega, hai que facer algo e denunciar aqueles casos de agresións e feismos que atopemos neste lugar que tanto amamos e que desexaríamos estivese nas mellores condicións posibeis.

A tal efecto xuntamos os nosos esforzos -esperamos os vosos tamén!- para ir aportando o noso graociño de area e protestar sempre que a ocasión o mereza.

Asdo.

O Ollo do Cu.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?